UNHA DE CONTRASTES
Esta actividade feita polos alumnos/as de 3º PDC consiste nunha análise de datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade) tomados en dous lugares pŕoximos espacialmente pero diferentes en canto ás súas condicións. Máis en concreto, o que se fixo foi medir eses parámetros, por un lado, no centro do Carballiño (área urbana) e, por outro, nunha zona rural (Maside), co obxectivo de medir e valorar as diferenzas. Trátase dun traballo modesto pero que resultou interesante para estudar os contrastes tanto no espazo como no tempo. As medicións fixéronse durante 5 días consecutivos, sempre á mesma hora e no mesmo lugar, nunha época tan cambiante como a primavera.

Comentarios
Publicar un comentario