Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

HOW IS THE WEATHER TODAY?

Imaxe
 O alumnado de 1º Bach practicou o vocabulario en Inglés relacionado coa meteoroloxía  e para iso elaborou partes meteorolóxicos.   

CIRCUITO CLIMÁTICO (segunda entrega)

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato na clase de educación física realizaron circuitos con exercicios de educación física e xogos adaptados á materia nos que teñen moito que ver os fenómenos meterorolóxicos, mirade e atrevédevos a xogar

EL JUEGO DE LOS REFRANES

Imaxe
  Os alumnos/as de 1º ESO C fixeron a actividade que a continuación se describe:

ESTACIÓN METEOROLÓXICA ESCOLAR CON ARDUINO

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO acometeu a tarefa de construir unha estación meteorolóxica para recoller datos climáticos na contorna do IES de forma automatizada e ao longo de periodos prolongados de tempo. A estación rexistra datos de presión, temperatura e humidade con data e hora a intervalos dun segundo amosando nunha pantalla os datos recollidos en tempo real. O alumnado prendeu a programar e incorporar sensores e librarías na plataforma arduino. Aquí tedes un vídeo resumo da actividade:  

POEMAS DO CEO (terceira entrega)

Imaxe
 Nesta actividade atoparedes a verdadeiros recitadores de poemas, é o resultado final dunha actividade que consistiu en buscar poemas sobre a chuvia dentro da literatura culta galega. Seguro que vos gusta, coñeceredes algún?   

UNHA DE CONTRASTES

Imaxe
  Esta actividade feita polos alumnos/as de  3º PDC consiste nunha análise de datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade) tomados en dous lugares pŕoximos espacialmente pero diferentes en canto ás súas condicións. Máis en concreto, o que se fixo foi medir eses parámetros, por un lado, no centro do Carballiño (área urbana) e, por outro, nunha zona rural (Maside), co obxectivo de medir e valorar as diferenzas. Trátase dun traballo modesto pero que resultou interesante para estudar os contrastes tanto no espazo como no tempo. As medicións fixéronse durante 5 días consecutivos, sempre á mesma hora e no mesmo lugar, nunha época tan cambiante como a primavera.    

MAPEANDO

Imaxe
  MAPEANDO é nome dunha actividade feita polos alumnos de 3º ESO PDC cuxa finalidade foi entender e manexar mapas meteorolóxicos. Isto logrouse tras varias etapas: O primeio que se abordou foi a análise de mapa sde superficie, empezamos estudando o significado da lenda de cada mapa, despois introduciuse o concepto de isobara que nos levou a abordar os contidos de anticiclón e borrasca. A continuación, estudáronde os tres tipos de fronte (frío, cálido e oclusivo). Unha vez que se analizaron varios mapas de superficie, pasamos ao estudo sos mapas de altura, con esto o alumnado foi capaz de deducir as temperaturas na superficie terrestre  a partir das isotermas e ver como  afectaba a corrente do chorro polar nas nosas latitudes. Finalmete, analizáronse varios mapas do tempo en superficie e altura cos que o alumnado fixo as súas prediccións meteorolóxicas.   E iste é o resultado:   

POEMAS DO CEO ( segunda entrega)

Imaxe
  O alumnado de 1º ESO  de Lingua Galega realizou unha actividade que lles permitiu explorar as súas dotes de creadores  ao ter que elaborar poemas, refráns... onde estivera presente algún fenómeno meteorolóxico. 

POEMAS DO CEO (primeira entrega)

Imaxe
  O alumnado de 2º ESO A de Lingua participa en Meteoescola coa seguinte actividade: Procuraron letras de cancións onde estivesen presentes os elementos da natureza: vento, chuvia, nube e sol.  De xeito individual acompañaron estas letras con ilustracións e así o resultado foi esta  recompilación músico visual   

METEOROLOXÍA, GUERRA E CONTAMINACIÓN

Imaxe
  Os alumnos de 2º ESO B e C na materia de xeografía e historia trataron de estudar a relación existente entre  as condicións climáticas, factores xeográficos e a man do home, concretamente na rexión de Irán. Deberíades de ver o vídeo e tratar de pensar que debemos de modificar.

CIRCUITO CLIMÁTICO (primeria entrega)

Imaxe
 Neste caso, na clase de E. F.  de 1º, 2º e 3º de ESO elaboraron xogos relacionados con diferentes fenómenos meteorolóxicos, é incrible todo o que se lles ocorreu. Se os xuntásemos todos teríamos un grandísimo circuíto climático. Por certo, remataron "correndo" coma o vento.

A INFLUENCIA DO TEMPO METEOROLÓXICO NAS TAREFAS DO CAMPO NA IDADE MEDIA.

Imaxe
   Oa alumnos/as de 2ª ESO A realizaron un estudo que consistiu en situarse na Idade Media e ver como as tarefas do campo estaban influídas polo tempo meteorolóxico facendo diferenciacións por  estacións.  

CLIMA BÍBLICO: SIGNIFICADO DEL TIEMPO

Imaxe
   O alumnado de relixión crearon este divertido xogo para aprender máis sobre o significado do tempo na biblia.   PREME AQUI PARA XOGAR

BAJO EL MISMO CIELO: EL CLIMA EN O CARBALLIÑO

Imaxe
  Os alumnos/as de 4º ESO uniron a estatística coa meteoroloxía para tratar de dar resposta á pregunta :  ¿cómo evolucionou o clima no Caballiño co paso dos anos?