MAPEANDO

 

MAPEANDO é nome dunha actividade feita polos alumnos de 3º ESO PDC cuxa finalidade foi entender e manexar mapas meteorolóxicos. Isto logrouse tras varias etapas:

O primeio que se abordou foi a análise de mapa sde superficie, empezamos estudando o significado da lenda de cada mapa, despois introduciuse o concepto de isobara que nos levou a abordar os contidos de anticiclón e borrasca. A continuación, estudáronde os tres tipos de fronte (frío, cálido e oclusivo).

Unha vez que se analizaron varios mapas de superficie, pasamos ao estudo sos mapas de altura, con esto o alumnado foi capaz de deducir as temperaturas na superficie terrestre  a partir das isotermas e ver como  afectaba a corrente do chorro polar nas nosas latitudes.

Finalmete, analizáronse varios mapas do tempo en superficie e altura cos que o alumnado fixo as súas prediccións meteorolóxicas.

 

E iste é o resultado: 


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO

"SCÈNES MÉTÉOROLOGIQUES: LA MÉTÉO"