PROXECTA METEOESCOLAS 2025/2026

 

O proxecto "Baixo o mesmo ceo, a meteoroloxía que nos conecta" nace da idea de que todos e todas compartimos unha realidade común: o tempo atmosférico. As condicións meteorolóxicas afecta á nosa vida diaria, ás dinámicas sociais, á economía. á saúde e á contorna natural, Ao mesmo tempo, constitúen un excelente punto de partida pra explorar a realidade desde diferentes áreas do coñecemento e para establecer conexións interdisciplinares que formen unha aprendizaxe máis significativa.


Este plan articúlase arredor de tres grandes liñas estratéxicas. En primeiro lugar, a relación da meteoroloxóia cos obxectivos da Axenda 2030, dado que comprender os fenómenos climáticos e as súas consecuencias resulta esencial para avanzar cara á sustentabilidade. A análise do cambio climático, da transición ecolóxica e do consumo responsable permítenos traballar de xeito integrado os ámbitos social,
ambiental e econñomico, implicando ao alumnado es retos reais que repercuten no futuro común. En segundo lugar, a meteoroloxía convértese nun vehículo idóneo para o desenvolvemento das competencias transversais. A través do estudio e interpretadión dos fenómenos atmosféricos foméntases a aprendizaxe significativa, a resolución colaborativa de problemas e a integración dos contidos de distintas materias.
Así, o alumnado asume un papel activo, reflexivo e crítico ante a información e os desafíos que se lle presentan.


Por último, este proxecto fundaméntase en métodos pedagóxicos comúns apostando por dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na práctica e na observación directa da contorna. A aprendizaxe por proxectos favorece a interdisciplinariedde e integración curricular ao tempo que potencivalores de responsabilidade, autonomía e pensamento crítico.
Deste xeito, baixo o mesemo ceo, o noso alumnado descobre que a meteoroloxía non só nos afecta, senón que tamén nos conecta, ofrecendo unha oportunidade única para aprender de forma gobal, integradora e sostible.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO

"Un general llamado clima" (TERCERA ENTREGA)