JOURNAL MÉTÉOROLOGIQUE ILUSTRÉ
Os alumnos de Francés de 3º ESO trataron de representar un Journal Météorologique Illustré. Un pequeno diario cunha descrición do tempo durante unha semana correspondente a unha cidadeda súa elección, acompañado de fotos ou debuxos. O obxectivo da actividade era practicar aescritura descriptiva e o vocabulario metereolóxico.
Entre as cidades escollidas cómpre mencionar Marsella, París, Nantes, Lyon, Dublín e O Carballiño.
Todo o alumnado participou nesta actividade que resultou moi divertida e amena, e que lles axudou a asentar ben os contidos traballados con anterioridade.

Comentarios
Publicar un comentario