AS NOSAS PROPOSTAS

 

A continuación presento as actividades que nun principio propuxeron os diferentes departamentos para este proxecto:


XEOGRAFÍA E HISTORIA

MAPA DE CLIMAS E RISCOS NATURAIS

O alumnado elabora un mapa físico no que se identifiquen os distintos climas do mundo e os principais riscos meteorolóxicos (ciclóns, secas, inundacións...).

Obxectivo: comprender a relación entre clima, poboación e recursos naturais.

 

INGLÉS

WEATHER DIARY WITH EMOTIONS

 Rexistro en inglés dun “mood-weather diary”, relacionando o tempo de cada día cun estado de ánimo.

Obxectivo: unir vocabulario meteorolóxico con emocións e expresións persoais.

 

LINGUA GALEGA

REFRANEIRO METEOROLÓXICO

 Recollida e análise de ditos e refráns populares relacionados co tempo (“Ceo vermello, vento ou tormento”).

Obxectivo: conectar tradición oral, lingua e cultura popular.

 

MATEMÁTICAS

PROBLEMAS METEOROLÓXICOS

Resolución de problemas con datos reais (por exemplo: calcular a media de choiva nun trimestre, converter graos Celsius a Fahrenheit, estimar porcentaxes de nubosidade).

Obxectivo: aplicar as matemáticas a situacións da vida real.

 

EDUCACIÓN FÍSICA

CIRCUITO CLIMÁTICO

 Proba de relevos onde cada estación representa un fenómeno meteorolóxico (chuvasco = saltar charcos de colchonetas, vento = correr con resistencia, sol = exercicios de equilibrio).

Obxectivo: integrar o xogo co coñecemento meteorolóxico.

 

FRANCÉS

JOURNAL MÉTÉOROLOGIQUE ILLUSTRÉ

 O alumnado elabora un pequeno diario en francés cunha descrición do tempo durante unha semana, acompañado de debuxos ou fotos.

 Obxectivo: practicar a escritura descritiva e o vocabulario meteorolóxico

 

RELIXIÓN

O TEMPO NA BIBLIA E NOUTRAS TRADICIÓNS

Análise de fragmentos bíblicos e de outras tradicións relixiosas onde o tempo atmosférico ten un valor simbólico (o diluvio, o vento de Pentecostés, a luz do sol…).

Obxectivo: comprender o valor espiritual e simbólico dos fenómenos naturais.

 

BIOLOXÍA

EXPERIMENTOS DE METEOROLOXÍA CASEIRA

 Creación dun barómetro ou anemómetro artesanal con materiais sinxelos, rexistrando datos durante varios días.

 Obxectivo: aplicar principios físicos en contextos reais e prácticos.

 

MÚSICA

PAISAXES SONORAS DO TEMPO

Creación de pequenas composicións musicais que evoquen fenómenos meteorolóxicos (unha treboada, un día soleado, o vento...).

Obxectivo: traballar creatividade e percepción auditiva.

 

FÍSICA E QUÍMICA (CON ARDUINO)

ESTACIÓN METEOROLÓXICA ESCOLAR CON ARDUINO

 Construír unha estación sinxela con sensores de temperatura, humidade e presión atmosférica conectados a Arduino. O alumnado rexistra e visualiza datos en tempo real.

Obxectivo: aplicar programación e electrónica básica á recollida de datos meteorolóxicos.

 

LINGUA CASTELÁ

XORNAL DO TEMPO

Creación dun boletín meteorolóxico en formato escrito, imitando o estilo dun xornal.

Obxectivo: practicar a linguaxe informativa e a estrutura dun texto

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO

"Un general llamado clima" (TERCERA ENTREGA)