Un proxecto moi ambicioso.
Tendo como finalidade a INSERCIÓN DA METEOROLOXÍA NO CURRÍCULO DOS DEPARTAMENTOS PEDAGÓXICOS, indico aquí, ademais das actividades do proxecto, que departamento didáctico guiará aos alumnos/as dos diferentes grupos na realización de cada unha delas:
TOMA DE DATOS E INSERCIÓN DOS MESMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA: tomaranse diariamente (días lectivos) a temperatura máxima e mínima, a precipitación e os meteoros observados. Departamento de matemáticas ( 3º e 4ª PDC )
UN XENERAL CHAMADO CLIMA. Comprender como as condicións climáticas influíron no resultado de batallas históricas e analizar exemplos específicos. Departamento de xeografía e historia (1º, 2º, 3º, 4º ESO)
TENDENCIAS. Aplicar conceptos matemáticos e estatísticos para analizar datos climáticos comprendendo as tendencias e variacións climáticas. Departamento de matemáticas (4º ESO, 1º e º 2º Bach)
A PRESIÓN ATMOSFÉRICA, QUE FENÓMENO! Comprender o concepto de presión atmosférica e o seu impacto nos fenómenos meteorolóxicos. Departamento de física e química (2º ESO)
SE A METEOROLOXÍA FOSE RELIXIÓN... Explorar como o clima e os fenómenos meteorolóxica influíron nas practicas relixiosas ao longo da historia e en diversas culturas. Profesorado de relixión cos seus alumnos/as)
THE WALL OF METEOROLOGICAL TERMS. Mellorar as habilidades lingüísticas en inglés mediante a investigación de termos meteorolóxicos e a creación de informes do tempo. Departamento de Inglés (1º ESO)
SCÈNES MÉTÉOROLOGIQUES Mellorar as habilidades lingüísticas en francés mediante a creación e representación de escenas teatrais relacionadas coa meteoroloxía . Departamento de francés (1º Bach)
COMO ME INSPIRAS!. Explorar como as condicións meteorolóxicas inflúen na creación literaria en lingua galega. Departamento de lingua galega (1º ESO)
O CLIMA: UNA PERSONAXE DE CONTO. Comprender como o clima se presenta e afecta aos personaxes nos contos infantís. Departamento de lingua castelá (1º, 2º, 3º e 4º ESO)
A QUE XOGAMOS HOXE? Comprender como as condicións meteorolóxicas inflúen na práctica de deportes e explorar como se adaptan os adestramentos e competicións aos diferentes climas Departamento de educación física ( 4º ESO , 2º Bach)
AS MIGRACIÓNS E A METEOROLOXÍA: Comprender como as condiciones meteorolóxicas inflúen nas migracións animais e analizar exemplos específicos na natureza. Departamento de Bioloxía (1º Bach)
¿DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA? expoñeríanse, nun lugar do centro dedicado a tal fin, os resultados dos traballos feitos ata o momento.
REXISTRO DOS DATOS, PREDICIÓN E POSTA DA INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO CENTRO, NO BLOG E EN DIFERENTES TABOLEIROS DO IES
QUE FACEMOS? Un profesor do grupo, coa información dada polo resto colgará tódolos
avances das actividades na páxina web do centro e no blog.
En canto a metodoloxía teremos en conta que o proxecto é un proceso sistemático, organizado e obxectivo destinado a resolver un problema de investigación, deste xeito as actividades están enmarcadas dentro dos obxectivos de coñecemento, práctica e comunicación, pretendéndose que os alumnos acaden destrezas de exploración, investigación guiada e síntese.Promoverase o diálogo e o debate para a construción de conclusións. O alumnado desenvolverá de xeito interdisciplinar competencias cognitivas, lingüísticas, matemáticas ...mediante a observación directa e a comparativa, así como a investigación das relacións exixtentes entre o clima e como este inflúe noutros aspectos da vida cotiá.

Comentarios
Publicar un comentario