Propoñemosvos, dende o departamento de matemáticas, dúas actividades que teñen a finalidade de preparar a vosa mente para o pensamento en xeral e o matemático, en particular. As actividades son: "OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS" Onde faremos xogos de lóxica, observación e memoria. Cando empeces a practicar notarás que razoas máis rápido, que eres máis espilido a hora de resolver problemas... "MATES PLUS" Onde iremos un pasiño máis aló nas matemáticas coa finalidade de prepararnos para os concursos matemáticos como olimpiada, rally e canguro.
Xa temos acceso para introducir os datos na rede de meteoescolas, coma non contamos ainda coa nosa propia estación usamos os datos dunha estación próxima, a situada no IES Manuel Chamoso Lamas de O Carballiño.😄
Podemos ver unha foto de grupo formada polos profesores que fomos á xornada, tamén una foto dunha estación meteorolóxica automática e unha caseta meteorolóxica en construcción.
Comentarios
Publicar un comentario