Por se non quedase moi clara a relación entre a meteoroloxía e a astronomía, ofrecemosvos esta pequena investigación feita polos alumnos de matemáticas B de 4º ESO C, baixo as indicacións súa profesora Encina
A continuación podedes ver o resumo de tódalas actividades realizadas, quen as fixo e un breve resumo de que se estudou nelas. Darédesvos conta da magnitude do proxecto, no que traballaron case todo alumnado do IES e a metade do claustro. GRAZAS A TODOS. ATA A PRÓXIMA AVENTURA A MODO DE NOVO PROXECTO. AH!! por certo. SÍ QUE ESCAMPOU
O alumnado de 2º ESO atoparon inspiración nos fenómenos meteorolóxicos e crearon a súa obra literaria en galego, A profesora que os acompañou e aconsellou no proceso foi Susana Blanco. CANTA IMAXINACIÓN!!
Neste último trimestre do 2º curso da ESO introducimos o vocabulario da meteoroloxía en francés, así como as expresións máis empregadas co tempo atmosférico e os verbos máis comúns. Para realizar esta primeira actividade contamos de forma voluntaria cos alumnos de 2ºESO A e B, que se mostraron moi receptivos e ilusionados á hora de poder empregar de forma práctica os coñecementos adquiridos sobre a Météo nos que traballamos nas sesións previas á tarefa. Antes de comezar explicamos detidamente en que consiste a actividade e distribuímos as quendas de intervención de cada un dos alumnos e alumnas. Por unha banda, tiñamos diferentes tarxetas co nome das principais cidades de Francia e, por outra, multitude de tarxetas cos diferentes símbolos atmosféricos incluídos varios de temperatura. Adxuntamos foto das mesmas: Dispoñemos así mesmo dun mapa de Francia que proxectamos na pantalla táctil da aula para traballar sobre...
Comentarios
Publicar un comentario