ACHÉGATE E ESCOITA: PLAYLIST METEOROLÓXICA
Esta é a primeira entrega dunha magnífica actividade que partiu da idea de observar e gravar os diferentes sons das estacións pero que se converteu nunha actividade de investigación e análise de diferentes obras musicais que teñen que ver con fenómenos meteorolóxicos tanto no seu título coma no uso dos diferentes instrumentos para evocar e representar aos mesmos. Se queredes saber un pouquiño máis escoitade esta playlist meteorolóxica e disfrutade.
A actividade esta sendo realizada polo departamento de música baixo a dirección da profesora Ana Rivera cos alumnos de 2º ESO.
Comentarios
Publicar un comentario