CERTO OU FALSO? TERCEIRA ENTREGA
“ POR MAIO CHOVEN RAIOS”
O grupo de MATEMÁTICAS A, de 4º ESOC, formado por Sofía, Wendy, Valeria, Frandernys, Fabiana, Mara, Alejandra, Carla e Víctor, (agora tamén Enoc), analizaron a verdade ou falsedade do refrán do mes de maio que dí que “en maio choven raios”.
Fixeron as táboas cos datos recollidos na estación meteorolóxica de Carballiño, situada no IES Chamoso Lamas nos últimos 22 anos, e calcularon as porcentaxes de días de choiva e de treboadas, no ano, e no mes de maio.
A conclusión , ainda que non moi precisa é que en 12 anos dos 22 analizados, en maio choveron mais raios en proporción que no resto do ano.
O vídeo, foi realizado por Fabiana Ramírez Taboada, e o estudio foi coordinado pola profesora Carmen Sánchez Pérez.
Comentarios
Publicar un comentario