Neste último trimestre do 2º curso da ESO introducimos o vocabulario da meteoroloxía en francés, así como as expresións máis empregadas co tempo atmosférico e os verbos máis comúns. Para realizar esta primeira actividade contamos de forma voluntaria cos alumnos de 2ºESO A e B, que se mostraron moi receptivos e ilusionados á hora de poder empregar de forma práctica os coñecementos adquiridos sobre a Météo nos que traballamos nas sesións previas á tarefa. Antes de comezar explicamos detidamente en que consiste a actividade e distribuímos as quendas de intervención de cada un dos alumnos e alumnas. Por unha banda, tiñamos diferentes tarxetas co nome das principais cidades de Francia e, por outra, multitude de tarxetas cos diferentes símbolos atmosféricos incluídos varios de temperatura. Adxuntamos foto das mesmas: Dispoñemos así mesmo dun mapa de Francia que proxectamos na pantalla táctil da aula para traballar sobre...
Comentarios
Publicar un comentario