Publicacións

HOW IS THE WEATHER TODAY?

Imaxe
 O alumnado de 1º Bach practicou o vocabulario en Inglés relacionado coa meteoroloxía  e para iso elaborou partes meteorolóxicos.   

CIRCUITO CLIMÁTICO (segunda entrega)

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato na clase de educación física realizaron circuitos con exercicios de educación física e xogos adaptados á materia nos que teñen moito que ver os fenómenos meterorolóxicos, mirade e atrevédevos a xogar

EL JUEGO DE LOS REFRANES

Imaxe
  Os alumnos/as de 1º ESO C fixeron a actividade que a continuación se describe:

ESTACIÓN METEOROLÓXICA ESCOLAR CON ARDUINO

Imaxe
 O alumnado de 2º ESO acometeu a tarefa de construir unha estación meteorolóxica para recoller datos climáticos na contorna do IES de forma automatizada e ao longo de periodos prolongados de tempo. A estación rexistra datos de presión, temperatura e humidade con data e hora a intervalos dun segundo amosando nunha pantalla os datos recollidos en tempo real. O alumnado prendeu a programar e incorporar sensores e librarías na plataforma arduino. Aquí tedes un vídeo resumo da actividade:  

POEMAS DO CEO (terceira entrega)

Imaxe
 Nesta actividade atoparedes a verdadeiros recitadores de poemas, é o resultado final dunha actividade que consistiu en buscar poemas sobre a chuvia dentro da literatura culta galega. Seguro que vos gusta, coñeceredes algún?   

UNHA DE CONTRASTES

Imaxe
  Esta actividade feita polos alumnos/as de  3º PDC consiste nunha análise de datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade) tomados en dous lugares pŕoximos espacialmente pero diferentes en canto ás súas condicións. Máis en concreto, o que se fixo foi medir eses parámetros, por un lado, no centro do Carballiño (área urbana) e, por outro, nunha zona rural (Maside), co obxectivo de medir e valorar as diferenzas. Trátase dun traballo modesto pero que resultou interesante para estudar os contrastes tanto no espazo como no tempo. As medicións fixéronse durante 5 días consecutivos, sempre á mesma hora e no mesmo lugar, nunha época tan cambiante como a primavera.