Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2024

ACHÉGATE E ESCOITA: PLAYLIST METEOROLÓXICA

Imaxe
  Esta é a primeira entrega dunha magnífica actividade que partiu da idea de observar e gravar os diferentes sons das estacións pero que se converteu nunha actividade de investigación e análise de diferentes obras musicais que teñen que ver con fenómenos meteorolóxicos tanto no seu título coma no uso dos diferentes instrumentos para evocar e representar aos mesmos.   Se queredes saber un pouquiño máis escoitade esta playlist meteorolóxica e disfrutade.  A actividade esta sendo  realizada polo departamento de música baixo a  dirección da profesora Ana Rivera cos alumnos de 2º ESO.      

FILOSOFANDO: "O TEMPO DENDE UN PUNTO DE VISTA FILOSÓFICO"

Imaxe
Quizais nunca pensastes que había tanto que falar e pensar do tempo, e non só dos fenómenos meteorolóxicos.  Mirade! seguro que vos sorprende esta investigación feita polos alumnos de 3º ESO C guiados pola súa profesora de filosofía Mª Gloria García Segura.

CERTO OU FALSO? TERCEIRA ENTREGA

Imaxe
  “ POR MAIO CHOVEN RAIOS”   O grupo de MATEMÁTICAS A, de 4º ESOC, formado por Sofía, Wendy, Valeria, Frandernys, Fabiana, Mara, Alejandra, Carla e Víctor, (agora tamén Enoc), analizaron a verdade ou falsedade do refrán do mes de maio que dí que “en maio choven raios”. Fixeron as táboas cos datos recollidos na estación meteorolóxica de Carballiño, situada no IES Chamoso Lamas nos últimos 22 anos, e calcularon as porcentaxes de días de choiva e de treboadas, no ano, e no mes de maio. A conclusión , ainda que non moi precisa é que en 12 anos dos 22 analizados, en maio choveron mais raios en proporción que no resto do ano. O vídeo, foi realizado por Fabiana Ramírez Taboada, e o estudio foi coordinado pola profesora Carmen Sánchez Pérez.   

MIRA COMO CAMBIO

Imaxe
 "Non debemos de esquencer que a formación de nubes é un proceso atmosférico no cal o vapor de auga se condensa en pequenas gotas ou cristais de xeo suspendidos na atmosfera, isto ocorre cando o aire húmido enfríase o suficiente como para que o vapor de auga se converta en líquido". Con esta frase e a foto dunha nube comezou a súa explicación o profesor de física e química José Vicente Duarte.  Explicación que levou a estudar  os procesos de cambio de estado e logo experimentar con eles. Os alumnos e alumnas gravaron os seus experiementos. Ese vídeo resume todo o traballo levado a cabo.  

CERTO OU FALSO? SEGUNDA ENTREGA

Imaxe
  Os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Matemáticas Xerais, baixo a dirección da súa profesora Sira Valeiras, estudaron a veracidade ou falsidade do refrán: "Abril tronado, bo verán anunciado". Ahí vai o vídeo que resume este magnífico traballo:

NUBES DE TINTA. OS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS E A LITERATURA

Imaxe
  Nesta ocasión, a profesora Carmen Álvarez, cos alumnos e alumnas de 1º ESO A déronse un paseo polos fenómenos meteorolóxcos a través da literatura, cuha serie de traballos a elexir ,dende a creación literaria propia: greguerías, relatos e poemas, ata a literatura xa coñecida popularmente: refráns, adiviñas e cantigas. Este é o resultado do seu magnífico traballo.

VISITA A UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 4º ESO A visitaron a estación meteorolóxica situada no IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño o pasado 20 de marzo. Aprenderon moitas cousas, xa que o relator é una enciclopedia de sabiduría na matería. Isto é unha pequena mostra da visita.