Publicacións

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO

Imaxe
     A continuación podedes ver o resumo de tódalas actividades realizadas, quen as fixo e  un breve resumo de que se estudou nelas. Darédesvos conta da magnitude do proxecto, no que traballaron case todo alumnado do IES e a metade do claustro. GRAZAS A TODOS.  ATA A PRÓXIMA AVENTURA A MODO DE NOVO PROXECTO.   AH!!  por certo. SÍ QUE ESCAMPOU       

A INFLUENCIA DA METEOROLOXÍA NOS ECOSISTEMAS E NA CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA

Imaxe
        O alumnado elaborou unha serie de pósters en cartolinas A3, nalgúns casos enfocados a como lle inflúe a meteoroloxía aos seres vivos e noutros, a como afecta a meteoroloxía á contaminación atmosférica ( falaron do smog,  da chuvia ácida, da dispersión de contaminantes grazas ao vento e a chuvia, de como inflúe una situación de estabilidade ou inestabilidade atmosférica, das inversións térmicas...).   Na primeira parte deste vídeo podedes topar o traballo:  

AS MIGRACIÓNS E A METEOROLOXÍA

Imaxe
    O alumnado elaborou unha serie de infografías en formato dixital sobre aves migratorias. Cada un deles escolleu unha ave migratoria (empregando a guía de SEOBirdlife) e recolleu información sobre dita ave (características, hábitat, alimentación, reprodución...) ademáis de explicar como inflúe a meteoroloxía na súa migración (rutas,  influenza dos ventos, estacións...) e incluso como lles pode afectar o cambio climático.  Na segunda parte deste vídeo poededse topar este traballo.    

A QUE XOGAMOS HOXE? "BAILANDO BAIXO A CHOIVA"

Imaxe
        E o turno agora do baile, veredes que vos coreógrafos e bailaríns temos. Xogando cos movementos ximnásticos baixo un sol de xustiza pero con paraugas, os alumnos de 1º de Bacharelato, tutelados pola súa profesora Crisitina Eiserman fixeron as seguintes coreografías, todas elas inspiradas no musical "Cantando baixo a choiva". 

TENDENCIAS: "FAGAMOS UNHA PREDICCIÓN"

Imaxe
   Tal e como reza na presentación do seguinde vídeo, o alumnado de 4º ESO de matemáticas A, dirixdos pola súa profesora Carmen Sánchez, trataron de facer unha predición das emperaturas máximas e mínimas dos meses de xaneiro e xuño a partir do estudo das tendencias que proporcionan  moitos datos recollidos en diferentes lugares. Animádevos a velo, seguro que  vos sorpende.

THE WALL OF METROROLOGICAL TERMS

Imaxe
  E seguimos aprendendo cousas noutros idiomas, desta volta , toca o Inglés. O alumnado de Isabel Hernández aprendeu deferentes xietos de noear á choiva, para mostralo fixeron esta montaxe:

"SCÈNES MÉTÉOROLOGIQUES: LA MÉTÉO"

Imaxe
      Neste último trimestre do 2º curso da ESO introducimos o vocabulario da meteoroloxía en francés, así como as expresións máis empregadas co tempo atmosférico e os verbos máis comúns. Para realizar esta primeira actividade contamos de forma voluntaria cos alumnos de 2ºESO A e B, que se mostraron moi receptivos e ilusionados á hora de poder empregar de forma práctica os coñecementos adquiridos sobre a Météo nos que traballamos nas sesións previas á tarefa. Antes de comezar explicamos detidamente en que consiste a actividade e distribuímos as quendas de intervención de cada un dos alumnos e alumnas. Por unha banda, tiñamos diferentes tarxetas co nome das principais cidades de Francia e, por outra, multitude de tarxetas cos diferentes símbolos atmosféricos incluídos varios de temperatura. Adxuntamos foto das mesmas:       Dispoñemos así mesmo dun mapa de Francia que proxectamos na pantalla táctil da aula para traballar sobre...