AS VERBAS DO TEMPO: "GALICIA O PAIS DA CHOIVA"

Galicia, o país das mil palabras para a chuvia

            A catedrática de Filoloxía da Universidade de Santiago, Elvira Fidalgo, fixo un traballo, hai xa anos, onde identificaba as diferentes palabras coas que se denominaba a chuvia en Galicia.

           Elvira Fidalgo aseguraba que “é lóxico que unha poboación que vive inmersa na choiva busque mil conceptos sacados das imaxes máis variadas para nomear aquilo que está presente na súa vida, e din que tamén no seu espíritu”.

        Recollendo esta idea, organizouse co alumnado de 1º de ESO unha pequena enquisa onde lles tiñan que preguntar ás súas avoas e avós como se dicían na súa zona diferentes palabras relacionadas coa chuvia.

        A enquisa, como se pode ver, foi un éxito e as/os participantes van dende os 50 anos ata os 93 anos.

        As familias do noso alumnado viven na contorna do Carballiño e a través deste traballo pódese observar como xente que vive a poucos quilómetros refire palabras distintas para o mesmo fenómeno.

        O léxico dos diferentes fenómenos atmosféricos está moi vivo aínda na fala dos habitantes da comarca do Carballiño. Fagamos que os seus descendentes o sigan empregando e non o perdan entre tanta uniformidade que hai hoxe en día.

        Esa rica variedade, que se ve nas enquisas, lévanos a chegar á mesma conclusión á que chegou Elvira Fidalgo no seu estudo. Si; Galicia é o país das mil palabras para a chuvia e… O Carballiño tamén.

       



Aquí temos os alumnos que fixeron a investigación coas súas planillas cubertas:




 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

VISITA A UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA