Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

EXPERIMENTANDO COA PRESIÓN

Imaxe
  Os alumnos de 1º ESO na materia de proxecto competencial coa súa profesora ENCINA estiveron facendo experimentos moi sinxelos para traballar o concepto de presión atmosférica. Os resultados do seu traballo ... no seguinte vídeo:

A QUE XOGAMOS HOXE? TIKTOKEANDO!!!!

Imaxe
  A profesora de E. F. propuxolles aos seus alumnos que fixesen  tik tok cun refrán en galego relacionado co tempo,  representado co corpo ou usando  material de clase. Aqui tedes os máis vistosos.

" O CLIMA, UNHA PERSONAXE DE COMIC"

Imaxe
Baixo este título  topamos o  traballo presentado polos alumnos de 1º ESO seguindo as instruccións da súa profesora de lingua castelá Sonia Rodríguez Rey. Canta imaxinación!!! Atrevédevos a ler e disfrutar.

Un proxecto moi ambicioso.

Imaxe
  Tendo como finalidade a INSERCIÓN DA METEOROLOXÍA NO CURRÍCULO DOS DEPARTAMENTOS PEDAGÓXICOS, indico aquí, ademais das actividades do proxecto, que departamento didáctico guiará aos alumnos/as dos diferentes grupos na realización de cada unha delas: TOMA DE DATOS E INSERCIÓN DOS MESMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA: tomaranse diariamente (días lectivos) a temperatura máxima e mínima, a precipitación e os meteoros observados. Departamento de matemáticas ( 3º e 4ª PDC ) UN XENERAL CHAMADO CLIMA. Comprender como as condicións climáticas influíron no resultado de batallas históricas e analizar exemplos específicos. Departamento de xeografía e historia (1º, 2º, 3º, 4º ESO) TENDENCIAS. Aplicar conceptos matemáticos e estatísticos para analizar datos climáticos comprendendo as tendencias e variacións climáticas. Departamento de matemáticas (4º ESO, 1º e º 2º Bach) A PRESIÓN ATMOSFÉRICA, QUE FENÓMENO! Comprender o concepto de presión atmosférica e o seu impacto nos fenómenos meteorolóxicos...

Comezo dunha nova andaina!!!

Imaxe
  Este curso 2024-25 volvemos participar no Plan Proxecta meteoescolas. A imaxe superior será a que empregaremos como cabeceira para presentar os traballos elaborados polo noso alumnado.