Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2023

PARTICIPACIÓN NA OLIMPIADA MATEMÁTICA 2º ESO 2023

  Un grupo formado por 6 alumnos e alumnas, todos eles de 2º ESO do noso IES, participaron na primeira fase da Olimpiada matemática 2º ESO 2023 o pasado xoves 27 de abril. Foi toda unha experiencia, dende os nervos antes da entrar xerados pola expectativa das preguntas da proba, ata as risas cando volviamos no bus.

FOI NOTICIA

Imaxe
 

A CIENCIA CHEGOU A RÚA O VENRES 21 DE ABRIL

 ESTAS SON ALGUNHAS DAS FOTOS QUE TESTEMUÑAN O EVENTO

I XORNADAS DA CIENCIA. XOVES 20 DE ABRIL: CONFERENCIAS "CLIKON-PHYSICS: LUZ E COR", EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS E CONFERENCIA DE EDUARDO BARJE CABALLERO

Imaxe
  Alumnos recibindo a última preparación por parte de Marga Vázquez González antes do gran día A conferencia foi para os lumnos de 4º ESO e o ponente foi o Dr. José Benito Vázquez Dorrío da Universidade de Vigo.   O cardiólogo, profesor e investigador Eduardo Barje Caballero foi o ponente da última das 3 conferencias plenarias celebradas na casa da cultura con unha grande afluencia de público.

I XORNADAS DA CIENCIA. MÉRCORES 19 DE ABRIL: OBRADOIRO SOBRE AS CIENCIAS DO DEPORTE E CONFERENCIA MIGUEL A. GARCÍA PÉREZ

Imaxe
No OBRADOIRO SOBRE AS CIENCIAS DO DEPORTE participaron os alumnos de 1º de Bacharelato e o ponente foi José Eliseo Iglesias Soler da Univerisdade da Couña.     Na  segunda conferencia plenaria celebrada na casa da cultura, o ponente  MIGUEL A. GARCÍA PÉREZ ilustrounos co seu saber falando de " Cuarenta anos de investigación climática no Carballiño" .

I XORNADAS DA CIENCIA. MARTES 18 DE ABRIL: EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS E CONFERENCIA MARGA VÁZQUEZ GONZÁLEZ

Imaxe
Na EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS os alumnos e alumnas puideron facer cousas coma estas         E primeira conferencia plenaria celebrada  na casa da cultura donde a científica, investigadora e profesora de universidade de Vigo  MARGA VÁZQUEZ GONZÁLEZ baixo o título " Camiño hacia unha carreira investigadora. Descubrindo o  potencial das Nanomaterias" ensinounos un pequeno e revolucionario mundo.

I XORNADAS DE CIENCIA. LUNS 17 E MARTES 18 DE ABRIL: CONSTRUCIÓN CÚPULAS DE LEONARDO

CONSTRUCIÓN CÚPULAS DE LEONARDO polos alumnos de 1º ESO

CONTRATOS PROGRAMA

       O noso departamento participa no curso 2022-23 nos contratos programa na modalidade "mellora da competencia matemática e excelencia".      Traballanse contidos matemáticos dun modo lúdico, tentando potenciar as cualidades do alumnado practicando, por exemplo: o cálculo con fichas de operacións de rápida resolución. Co paso do tempo os alumnos comproban que no mesmo tempo son quen de resolver máis operacións. a resolución de problemas por medio da lectura, comprensión e interpretación dos enunciados e posterior traducción á linguaxe matemática a xeometría por medio da papiroflexia, disciplina que esixe atención, concentración e destreza

PRIMEIRAS XORNADAS DA SEMANA DA CIENCIA

Imaxe
 

Vídeo creado para conmemorar o día de PI (14/03 2023)

 

PROBA

 Hoxe, 16 de abril de 2023 estreamos publicacións neste blog