GRANXA METEOROLÓXICA
Xa temos unha nova actividade do Plan proxecta meteoescolas. Os alumnos de 3º ESO con Nieves Abelleira Gómez, a súa profesora de Xeografía e Historia trataron de investigar se inflúe a meteoroloxía nas explotacións gandeiras. Idearon entrevistar a un gandeiro, dono dunha desas explotacións. Aquí tedes unhas fotos e a transcrición da entrevista.